2012-11-03

Nunca chove na enseada ao fin do mundo


ela, antes de min,
fai tormentos de tormentas
engurras no aire, queixumes,
deixa a roupa e as bágoas
no vestíbulo do mundo

e chégame sempre sorrindo
co ollar en claridade


Chámase Galicia
e non hai - nunca houbo -
mentira algunha
cando é coidado
e é de amigo.
Por iso é certo:

Nunca chove na enseada ao fin do mundo

PG-M 2012
fonte da foto

2 comentários:

Miguel Pestana disse...

Palavras bonitas e bem conjugadas.

:)

Pedro Guilherme-Moreira disse...

Obrigado, Miguel. Abraço.